6.7 C
Santa Comba
sábado, abril 20, 2024

Eleccións Xerais 2016 en Galicia

23:19Reconto 97,70%

 – PP-137- PSOE-85- Unidos Podemos-71- Ciudadanos-32-

21:21- Reconto porcentaxe 22,66%

-PP- 133//PSdeG-92//Unidos Podemos – 69 //Ciudadanos-//24-

21:15- RECONTO 16,49%- PP- 132//PSdeG-91//Unidos Podemos – 66 //Ciudadanos-//21-

21:10-Reconto en Directo- Co 11,04% — 

PP- 132//PSdeG-93//Unidos Podemos – 64 //Ciudadanos-//21-

20:49-O coordinador de campaña de En Marea, Xaime Subiela asegura que a coalición “consolídase como a principal alternativa ao PP en Galicia”.

20:27-O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado manifesta que as enquisas confirman que “o PP é a primeira forza política en Galicia e España” e  pide que se deixe gobernar a quen gañe as eleccions.

20:10– Segundo as primeiras enquisas o Partido Popular volvería a gañar as eleccións e Unidos Podemos situaríase como segunda forza política.

Enquisa Forta/RTVE-

PP-117-121//Unidos/Podemos-91-95//PSdeG-81-85- //Ciudadanos-26-30//
En Galicia- PP-10- En Marea-6-7-/PSdeG 5-6/Ciudadanos-1-.

Enquisa ABC-COPE

PP-121-124//Unidos/Podemos-87-89//PSdeG-84-86- //Ciudadanos-29-32//

19:11-A participación cae con respecto ao 20-D. En Galicia votou, as 18,00, un 51,71%, e o 20-D fixéranno un 58,51%. Hai que destacar que nesta ocasión houbo un aumento importante do voto por correo que se contabiliza cando pechen os colexios.

15:48-O presidente do Partido Popular de Galicia, Alberto Núñez Feijóo  votou en Vigo onde dixo que esperaba que despois destas eleccións se “poidera desbloquear a situación de impasse”que hai e que con esta “votación bis poidamos desbloquear o país e consolidar un goberno”.

14:43-A participación é lixeiramente superior en Galicia con respecto ás últimas eleccións .O primeiro avance ofrecido polo Goberno sitúa a participación nun 34,06% algo máis de medio punto por encima dos datos do 20-D, que estaban nun 33,42%.

O maior aumento localízase na provincia de Pontevedra cun 35,82(34,29% en 2015), seguido por Ourense cun 34,74% (33,84% en 2015). A Coruña mantense no 33,28%, porcentaxe moi similar ao anterior,     que estaba en en un 33,11%.
En ningunha das provincias chégase á media estatal, situada nun 36,87%, unhas catro décimas por baixo das eleccións de decembro.

14:00- A candidata coruñesa de Vox, Marian Rey vota «por la unidad de España, por la vida humana, por la libertad y por hacer España grande otra vez».

13:25-Ana Pastor vota en Pontevedra e pide ós cidadáns “que manifesten lo que quieren para su país” con “sentido común” e polo “futuro y la estabilidad de todos”

13:23-A candidata de Ciudadanos por Pontevedra, María Rey votou e dixo: “Espero que hoy los ciudadanos y las ciudadanas ejerzan su derecho al voto, porque el futuro de este país tenemos que escribirlo entre todos”.

13:10-Tamén votou o candidato de En Marea por Ourense, David Bruzos e o candidato popular por Lugo, Joaquín García Díez.

13:06-A candidata de En Marea, Alexandra Fernández votou no barrio de Coia, en Vigo e cualificou estes comicios dun “momento histórico e decisivo” de “dunha segunda oportunidade”.

12:34Xoaquín Fernández Leiceaga vota en Santiago e pídelle aos galegos que asuman o protagonismo indo a votar de forma masiva.As candidatas socialistas Rocio de Frutos(Ourense)  Margarita Pérez(Lugo) e Pilar Cancela(A Coruña) tamén votaron ó igual que Guillermo Meijón(Pontevedra)

12:27-Ana Pontón:“Hoxe todo o mundo debe expresarlle con claridade, convicción e esperanza no futuro”. En Ourense xa votou Noa Presas e tamén o fixeron con anterioridade os demais cabezas de lista do BNG ao Congreso.

12:24-Miguel Lorenzo anima a participación e a votar con alegría e responsabilidade. O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado votou en Ferrol e dixo.”Trátase de que fale a cidadanía e o fundamental é que desta vez se respecte o que os cidadans decidan”.O candidato popular por Ourense, Miguel Ángel Viso tamén votou.

12:20- “Mucha cabeza hoy y siempre, el futuro está en nuestras manos” escribía en Twitter, José Canedo despois de votar en Compostela.

12,00-A candidata ao  Senado de En Marea por Pontevedra, Vanesa Angustia  votou “coa ilusión de que sexa un día histórico”. Tamén votou a candidata socialista lucense, Margarita Pérez Herráiz.En Santiago votou a voceira nacional do BNG, Ana Pontón e tamén o candidato á presidencia da Xunta polo PSdeG, Xaquín Fernández Leiceaga. En imaxes, votando Vanessa Angustia(En Marea) e Olalla Rodil(BNG)

11:26- O candidato de En Marea pola Coruña, Antón Gómez Reino votou na Cidade Vella

11,20-Os candidatos do BNG Carlos Callón(A Coruña), Olalla Rodil(Lugo) e Luís Bará(Pontevedra) xa exerceron o seu dereito ao voto.Tamén o fixo a candidata socialista por Ourense, Rocío de Frutos e o de Ciudadanos pola Coruña, José Canedo.

11:00– Segundo a Radio Galega, un colexio electoral da zona de Catro Camiños na Coruña abriu con atraso e por tanto pechará as súas portas ás 20,30h.

10:58- Comparecencia do Subsecretario Ministerio de Interior, Luis Aguilera, e da secretaria de estado de Comunicación, Carmen Martínez Castro.

9:57- O noso cancelo en Twitter é #AdianteXerais16

9:25- O delegado do goberno en Galicia, Santiago Villanueva confirmou que as mesas se constituíron sen incidentes e soamente hai que destacar algún atraso nalguns colexios. Tampouco houbo curiosidades destacadas na apertura.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos