3024 fans     1097 seguidores     33 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Formula Hit
Comercial Rodriguez

Pequeño:"A Costa da Morte débelle moito ao ciclismo"

Pequeño:"A Costa da Morte débelle moito ao ciclismo"

Actualidade | Publicada: 21/06/2016

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
27
7
0

Email Google+ Pinterest Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 3 minutos e 31 segundos.

O alcalde de Dumbría, José Manuel Pequeño está moi satisfeito pola aposta que se fixo no seu día polo ciclismo e ten claro que a primeira etapa da Vuelta a España que chegou o Ézaro foi un auténtico revulsivo para toda a zona. 

Na presentación do Gran Fondo Ézaro e mirando á Fervenza dixo:”Isto leva toda a vida aqui pero empezou a rexurdir cando foi a etapa da volta ciclista a España, douse a coñecer e tivo trascendencia”.

 Pequeño Castro está convencido de que “A xente da Costa da Morte débelle moito ao ciclismo”, á vez que agradeceu o apoio de entidades e concellos para poder seguir polo camiño iniciado. A Vuelta ciclista a España volverá visitar a comarca o próximo mes de agosto, pero antes, o 3 de xullo celebrarase o Gran Fondo Ézaro- Costa da Morte.”Esta proba non só traerá ciclistas, senón que vai traer economía que é o que interesa realmente nunha zona que está tan lonxe de todo” indicou Pequeño.

O alcalde de Dumbría espera que o Gran Fondo sexa algo especial e importante para a Costa da Morte. Polo momento xa o é, con récord de participantes e figuras históricas inscritas neste evento.José Manuel Pequeño outórgalle máis valor porque na Costa da Morte custa máis facer as cousas que noutros sitios e puxo como exemplo, dada a súa responsabilidade á fronte de Vías e Obras na Deputación, que os únicos concellos que non teñen estradas provinciais están na zona, e por exemplo, Fisterra ou Carnota “non teñen nin un metro de estrada provincial”.

É unha maneira de constatar a histórica situación periférica dunha comarca.Pero Pequeño está satisfeito “porque isto vai quedar permanentemente”, e por ir atopando apoios noutros municipios á iniciativa dun concello como Dumbría que destaca pola súa ampla programación cultural e deportiva.

Vídeo presentación Gran Fondo Ézaro Costa da Morte

Se queres podes deixar un comentario sobre esta noticia no Facebook:

Pódeche interesar...

Naufragio sin víctimas en Malpica

Naufragio sin víctimas en Malpica

El pesquero “Siempre Urbegi” se hundió  en Malpica esta madrugada pero sus diez tripulantes fueron rescatados con …

Ler máis
Los rituales en San Campio se mantienen todo el año

Los rituales en San Campio se mantienen todo el año

//Los fieles siguen visitando la capilla de “Nosa Señora do Rial”, un entorno de rituales contra el “meigallo” …

Ler máis
La Fiscalía denuncia al alcalde de Ponteceso

La Fiscalía denuncia al alcalde de Ponteceso

//Según el CSIF, La Fiscalía provincial ha denunciado a Lois García por un presuntos delitos de prevaricación, coacc…

Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Merca o teu pobo Santa Comba Nadal 2016
DAC Outono Cultural
Mantido S.L. Construcciones y Obras Públicas
Concello da Laracha
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

Opinión

La AP-9 y el peso político

Nacho Louro

El Ministerio de Fomento ha decidido compartir con la Xunta la gestión de la AP-9 a través de la creación de una comisión bilateral, que empezará…

Nacho Louro
Ler máis

"Gin-goísmo":ou do nacionalismo expansionista e patriotero

Daniel Lago

Aos mais dos que fazerdes fronte a estas verbas, não vai-vos significar nada o termo, muito mais entroncado aos sítios de cultura anglófona, de jin…

Daniel Lago
Ler máis

Os servidores de Putin

Daniel Lago

A última nova do que acontece nesta guerra “híbrida” é o back-up dos telemóveis chineses, de milhares de dados de utentes ocidentais, não é …

Daniel Lago
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información