7.8 C
Santa Comba
sábado, abril 20, 2024

Compromiso pregunta en Europa polo accidente de Angrois

Interesáronse diante do Parlamento Europeo polas razóns que impiden facer público o informe elaborado pola Axencia Europea do Ferrocarril(ERA).Os galeguistas tamén presentan propostas contra a precariedade laboral.

A eurodeputada Izaskun Bilbao, elixida na coalición á que pertence Compromiso por Galicia preguntou polo “silencio” do goberno comunitario ante un informe sobre o accidente de Angrois, en Santiago de Compostela, que non se fixo público a pesares de rematarse no pasado mes de abril.

Bilbao pregunta se houbo algún tipo de presións para que “este informe non se publique ata pasadas as eleccións xerais que terán lugar en España o próximo 26 de xuño» xa que non entende porque non se coñecen os datos:»As súas conclusións, destaca a eurodeputada, non son aínda públicas, a pesar de que puidesen ser de gran interese para achegar á causa xudicial que se abriu para determinar as responsabilidades e establecer, en función das mesmas, as indemnizacións a que terán dereito os prexudicados».

Izaskun Bilbao Barandica faise eco dalgunhas informacións publicadas en medios de comunicación e recollidas igualmente en círculos institucionais que achacan a dilación á hora de publicar este documento a un intento de «non prexudicar as conversacións entre as autoridades comunitarias e España sobre o procedemento de infracción aberto ao devandito estado por non transponer adecuadamente a directiva sobre Seguridade Ferroviaria».A voz de Compromiso por Galicia no Parlamento europeo quere saber os motivos dun atraso que «pode prexudicar ás vítimas».

 

Contra a precariedade laboral

O secretario xeral de Compromiso por Galicia e candidato á presidencia da Xunta, Xoán Bascuas propuxo este martesunha serie de medidas encamiñadas a mellorar a calidade no traballo.

Compromiso por Galicia pensa que hai que optar pola redución da xornada laboral ás 35 horas, mellorar a inspección para combater a fraude fiscal e prohibir a existencia de bolseiros sen remuneración.

“Mellorar a calidade do traballo, repercute positivamente na produtividade e no rendemento laboral e ademáis un bo salario revirte positivamente no consumo e na xeración de riqueza” manifestou Xoán Bascuas que considera que hai que esforzarse para acadar avances porque “non pode haber xente no paro mentres se fan horas extras sen pagar e os gobernos de Feijóo ou Rajoy lanzan mensaxes triunfalistas e de autobombo”.

@AdianteGalicia

FOTO PORTADA- Contando Estrelas- Wikipedia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos