12.4 C
Santa Comba
sábado, abril 20, 2024

«A única alternativa realista e viable é En Marea»

O cabeza de lista de En Marea por Ourense, David Bruzos amosouse convencido que o vindeiro 26 e xuño a coalición mellorará os resultados electorais en número de votos e “seguramente sexa posible mellorar escanos nalgunha provincia como Pontevedra ou A Coruña”.

David Bruzos na Encrucillada

Nunha entrevista no podcast “Conversas na Encrucillada” que se pode escoitar aquí, o candidato indicou que “demostramos a nosa vontade de mellorar Galicia”  e de poñer “todo o que estaba nas nosas mans para que houbera un goberno de cambio pero non foi posible”. Nese senso recoñece que hai unha certa “frustracción” e “un cansanzo na xente” pero pensa que agora “as cartas están boca arriba e cadaquén demostrou o que quería facer” e deixou claro que desde a coalición rupturista “non lle temos medo as eleccións porque nos gusta que a xente vote”.

Bruzos desconfía que o PSOE entregue o goberno a PP e Ciudadanos

Con respecto ao panorama despois das eleccións, David Bruzos mestura a “ilusión” coa “precaución” porque desconfía de que “finalmente o PSOE entregue o goberno de España ao PP e a Ciudadanos” o que sería “dramático”.

“A unidade popular é o único camiño para o cambio e a única alternativa realista e viable é En Marea” e para superar “as políticas terribles do PP” dixo Bruzos, que tamén responsabiliza, en menor medida, ao PSOE da situación do estado.

Ourense non se arranxa cun cheque bebé

O candidato ourensán pensa que na súa provincia o paro, a emigración e o envellecemento da poboación sob as principais eivas a pesar do potencial que existe:”Ourense é unha provincia rica en recursos naturais e patrimonio cultural e humano pero cos peores indices económicos”.

Bruzos lamenta a acción dos goberno do PP e defende a implantación de “medidas rápidas” e solución xa que “non sirve cun cheque bebé”.

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos