8.6 C
Santa Comba
viernes, abril 19, 2024

Educación promove un plan de melloras nos centros galegos

A Xunta de Galicia investirá este 2016, máis de 39,7 millóns de euros en actuacións en case a metade dos centros educativos de Galicia.

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez explicou no Parlamento de Galicia as obras que se realizarán dentro do Plan de Dotación de Infraestruturas Educativas 2016-2020.

Con respecto a este 2016, investiránse 39,7 millóns de euros cos que se realizarán 683 actuacións en 527 centros de ensino de 219 concellos de toda a xeografía galega. Do total das intervencións 431 realizaranse en centros de educación Primaria, 224 en centros de Secundaria e FP e outras 28 nos que imparten outras ensinanzas (conservatorios, escolas oficiais de idiomas, etc).

A maior parte das actuacións desenvolveranse durante este verán, actuando no 70% dos concellos galegos. As principais reformas centraranse na eficiencia enerxética ampliación de centros de FP, reparación de cubertas, ampliación de centros e execución de obra nova

Tamén se contempla outra partida, de 3,6 millóns de euros para investimento en equipamento que permitirá mellorar a dotación de maquinaria e dos centros de FP, así como adquirir material que o alumnado de ESO e Bacharelato poida empregar en materias como a de Programación.

Os maiores investimentos realízanse nos concellos de Lugo, Pontevedra, A Coruña, Ourense, Santiago de Compostela, Vigo, Ames, Cangas, Culleredo e Vila de Cruces.

Segundo explicou Román Rodríguez, as actuación previstas responden a unha priorización en función de 4 criterios técnicos, nomeadamente os de seguridade, utilidade, accesibilidade e habitabilidade; sendo todas elas obras determinadas a partir das avaliacións realizadas polas unidade técnicas da Consellería.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos