7.1 C
Santa Comba
jueves, marzo 28, 2024

«Santiago está recuperándose dunha enfermidade grave»

Martiño Noriega en Adiante Galicia:”Algúns sectores da cidade están a sobardar tódolos límites. Na liña mediática algún medios máis alá da crítica lexítima, teñen faltado ao respecto á institución, pasando directamente ó campo da difamación”.

Escoita a entrevista con Martiño Noriega

Martiño Noriega:”Encontreime un concello moi deteriorado”

O alcalde de Santiago de Compostela participou nunha nova edición das nosas “Conversas na Encrucillada”. Asegura que estes primeiros meses de mandato foron “intensos” e nos que pretendeu “recuperar a confianza dos barrios na institución que estaba totalmente rota e recuperar os circuítos internos do propio concello” buscando “a racionalización, e novos modelos de participación e innovación cultural e social”.

Martiño Noriega asegura que non está sendo doada a tarefa:” “Encontreime un concello moi deteriorado na súa estrutura administrativa” e que “a imposibilidade de contratar persoal e de cubrir as baixas provocou un ERE encuberto do concello”. Todo iso nunha contorna de xudicialización que xerou unha desconfianza xeral.“Santiago está nun proceso de recuperación do que foi unha enfermidade grave” engadiu Noriega.

“Non me sinto interpelado por Méndez Romeu”

O líder de Compostela non se sinte “interpelado” polas palabras críticas de Méndez Romeu e lembrou que “Compostela Aberta foi a a lista mais votada e o PSOE non tivo que facer un apoio explícito como no caso de Ferrol e Coruña.Somos a primeira cidade gobernada en minoría que ten uns orzamentos aprobados e en vigor, cunha clara aposta por duplicar o gasto social, a acción cultural, e mantemento da cidade e pola participación veciñal”.

Tamén manifestou que aparte da investidura e nos orzamentos “O PSOE ten adoptado posición moi duras nestes meses” con actitudes negativas para o municipio e”chegando a acordos co PP que provocaron dano ó concello como unha diminución da recadación”.

Noriega sente o apoio da maioría social

“Teño a sensación de ser considerado un intruso, pero esa xeración da tensión non ten tradución na maioría social” dixo Martiño Noriega con respecto a uns sectores da cidade ós que “non lles pedimos permiso” para gobernar, e que “algúns sectores da cidade están a sobardar tódolos límites. Na liña mediática algún medios máis alá da crítica lexítima, teñen faltado ao respecto á institución, pasando directamente ó campo da difamación”.

Noriega séntese apoiado polo veciñanza aínda que recoñece que as “posicións coincidentes de grupos tan dispares como PP, PSOE e BNG non son agradables”.

Na entrevista concedida a Adiante Galicia, o alcalde da capital de Galicia dixo sentirse “satisfeito” coas relación actuais coa Xunta de Galicia despois dunha entrevista con Núñez Feijóo e marcouse como grandes retos para esta lexislatura impulsar a estación intermodal ou o “mantemento dunha cidade que está nun estado alarmante de abandono” xunto coa posta en funcionamento dunha ordenanza de renda municipal ou uns orzamentos participativos.

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos