6.4 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

Denuncian unha poda desastrosa en Ponte Ledesma

ADEGA denuncia a desfeita das oliveiras de Ponte Ledesma, realizada por “alguén a quen molestaba a sombra das árbores” e completada por persoal do concello de Boqueixón.

A asociación pola Defensa Ecolóxica de Galiza(ADEGA) denuncia “unha desfeita”  efectuada no concello de Boqueixón nunha oliveira tricentenaria situada en Ponte Ledesma.ADEGA  manifesta que estamos ante “unha desastrosa poda polas bravas dalguén a quen molestaba a sombra das árbores” que sorprendentemente “foi completada polo persoal do concello para homoxeneizar o perfil cun lamentábel resultado”.

Desde o colectivo ecoloxista recriminan a “tolerancia desmedida dalgunhas administracións coa expansión do eucalipto contrasta co desleixo pola protección das nosas árbores senlleiras”. Lembran que a Xunta de Galicia rexeitou a iniciativa veciñal de incluir estas oliveiras no catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia. Acusan tanto  a Xunta coma ó concello de Boqueixón de facer “ ouvidos xordos” e de “desleixo institucional”.

Con respecto as árbores afectadas, ADEGA  informa que medran xunto á igrexa de Ponte Ledesma e que foron plantadas sobre o ano 1735.“A veciñanza comenta que foi un agasallo de comerciantes de aceite que traían o seu ouro líquido dende a zona de Ourense cara Compostela cruzando o Ulla pola ponte romana de 9 arcos” comentan.

Nun comunicado de prensa explican que as citadas oliveiras:”son dunha raza autóctona, a «Raza Brava Galega» que estivo ao borde da extinción e que actualmente está en vías de recuperación.Estas oliveiras acompañaron a vida e a morte de moitas xeracións de veciños de Ponte Ledesma sen que houbese problema algún… até hai uns días».

@AdianteGalicia
 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos