6 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

Ana Pontón comeza o seu camiño como candidata

Ana Pontón xa é oficialmente a candidata do Bloque Nacionalista Galego á presidencia da Xunta nun ano moi intento no que como máxima dirixente dun partido en horas complexas someterá o seu liderado a dous exames fundamentais para e ela e para o proxecto do BNG, as eleccións xerais e autonómicas. 

Como se agardaba o Consello Nacional dou luz verde a súa candidatura, sen rivais, sendo a primeira candidata confirmada. Pontón Mondelo defendeu ó BNG como verdadeira “alternativa de presente e de futuro ante o desastres de gobernos da sen razón e sen corazón”.

“O rescate social de Galiza”

A candidata asegura que a prioridade é “o rescate social de Galiza” e para conseguir ese obxectivo é necesario buscar “un novo status”.

Na súa intervención diante do Consello Nacional, Pontón non obviou que a primeira cita son as eleccións xerais ”O BNG “vai converter en oportunidade para Galiza o fracaso das forzas estatais, -vellas e novas-, en dar unha alternativa a Rajoy, converter a repetición das xerais nunha oportunidade para que Galiza recupere voz propia en Madrid”.Ana Pontón está convencida de que os galegos tomaron nota dos últimos meses onde “Galiza quedou desaparecida” no “novo bipartidismo a catro”.

A voceira nacional do BNG dixo que o seu partido está preparado para as dúas vindeiras citas electorais, e sinalou que están traballando na elaboración dun programa electoral para os comicios autonómicos.” “O BNG considera que Galiza merece máis e que os galegos e galegas somos mellores que os gobernos que padecemos”sinalou.

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos