6.9 C
Santa Comba
jueves, marzo 21, 2024

Xoán Bascuas:»Canto máis se nos coñece máis apoio temos»

Entrevista en Adiante Galicia: “Non houbo viraxe ideolóxica porque non se tocou unha coma dos documentos fundacionais” indica Bascuas que confirma a súa intención de presentarse as primarias e ser candidato á presidencia da Xunta de Galicia.

Audio coa entrevista completa

O secretario xeral de Compromiso por Galicia, Xoán Bascuas amósase satisfeito polo “procedemento democrático” que se viviu na última convención nacional e polo rumbo escollido aínda que lamenta a baixa dalgúns compañeiros e sobre todo “algunhas críticas que non son correctas nin afortunadas”.

“Queremos ocupar o espazo onde se encontra a maioría dos galegos”

“Na última convención houbo un debate estratéxico e non houbo ningunha viraxe ideolóxica” asegurou Bascuas que puxo como exemplo que “o documento programático non recibiu ningunha enmenda e do documentos fundacional non se tocaron nin unha coma”.

Nunha entrevista nas “Conversas na Encrucillada”, o político galeguista indicou:”Había a opción de incorporarse a unha frota pero decidimos facer a viaxe no noso humilde vehículos que é Compromiso”.Aínda que se trata dun partido pequeno ten unha vocación de “ocupar o espazo onde se encontra a maioría dos galegos” e Bascuas está convencido de que “canto máis se nos coñece máis apoio temos”. 

“Somos equilibrados e non pretendemos tomar o ceo por asalto”

Defendeu a necesidade dunha opción moderada:”Somos unha oferta equilibrada e razoada, non pretendemos tomar o ceo por asalto senón entrar nas casas cun discurso cabal”.

Xoán Bascuas é consciente de que a súa proposta vai más alá dunhas eleccións pero considera importante que os galegos teñan outra alternativa nun país “cun PSOE sen dirección, sen liderado e sen candidato”, cunha mareas que despois do entusiasmo crearon frustración e cun BNG ao “que lle falta un discurso político de achegamento a cidadanía”. Sen esquecerse do rival a bater, o Partido Popular, co que “Galicia perdeu protagonismo no entramado político do Reino de España por culpa da docilidade pasmona de Feijóo con Madrid”.

O secretario xeral de Compromiso por Galicia, confirmo a Adiante Galicia que “se as circunstancias persoais ou laborais mo permiten presentareime as primarias de Compromiso, porque é o mínimo que lles debo ós meus compañeiros”.

FOTOS ARQUIVO

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos