13.6 C
Santa Comba
sábado, abril 20, 2024

Compromiso:Opción galeguista propia ou confluencia ampla

Compromiso decide este domingo. Xoán Bascuas, Charo Fernández e Xosé Mosquera defenderán a proposta da candidatura propia. Xosé Manuel Pérez Bouza e Xulia Guntín apoian que a formación galeguista progresista se inclúa nun espazo de confluencia, similar a En Marea.

Este domingo 17 de abril, Compromiso por Galicia decide o seu futuro nunha Convención Nacional que se celebra en Teo. Polo serán coñeceremos se os militantes de Compromiso queren presentarse coa súa propia marca ás eleccións ou se en cambio optan por mesturarse nunha forza de confluencia aínda por estruturarse.

Declaracións de Manoel Vello

 

A opción da candidatura propia presentou máis avais

A proposta de concorrer cunha candidatura propia ás eleccións autonómicas será defendida polo actual secretario xeral Xoán Bascuas xunto con Rosario Fernández Velho e Xosé Mosquera Casero.Está avalada por uns 55 militantes. Entre eles polo secretario de organización, Manoel Vello, o de comunicación, Orlando Villamayor, ou polo concelleiro na Baña, César Ramos.

A outra alternativa, a de participar nunha candidatura “ampla” na liña do que foi En Marea conta co aval duns 31 afiliados. Defenderán a proposta o exsenador Xosé Manuel Pérez Bouza e por Xulia Guntín.Está avalada, entre outros, polo concelleiro de Outes Manuel González ou polo de Betanzos, Alberte Muíño.

Na comparecencia deste venres o secretario nacional de organización, Manoel Vello Salvado anunciada que a comezaría sobre as dez da mañá, destacando o poder da militancia neste partido:»Somos a única formación política na que a afiliación decide, como neste caso, as grandes cuestións do partido.Unha persoa afiliada, un voto, e isto que parece unha obviedade non o é en todas as organizacións».

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos