7.1 C
Santa Comba
jueves, marzo 28, 2024

Compromiso por Galicia escolle o camiño a seguir

Os afiliados da formación galeguista decidirán o vindeiro domingo se concorren en solitario as eleccións autonómicas ou se participan nunha candidatura con outras forzas na liña de En Marea.

Compromiso este domingo decide en Teo

Situada nunha auténtica encrucillada política e cun importante debate interno que incluso se trasladou ós medios de comunicación, Compromiso por Galicia celebra este vindeiro domingo a súa Convención Nacional co lema “Compromiso decide”. Porque efectivamente a formación galeguista decide este domingo se concorre as eleccións coas súas propias siglas e coa súa propia identidade ou se integra nunha candidatura de confluencia ou similar ó estilo de En Marea. Polo momento xa se visualizaron apoios as dúas opcións.

A Convención Nacional desenvolverase no Hotel Congreso de Teo desde as dez da mañá.O secretario nacional de organización, Manoel Vello destacou o feito de que sexan os militantes os que tomen as decisións:»Somos a única formación política na que a afiliación decide, como neste caso, as grandes cuestións do partido.Unha persoa afiliada, un voto, e isto que parece unha obviedade non o é en todas as organizacións».

 

Un punto de inflexión definitivo

Manoel Vello Salvado recoñece que a unha convención determinante para o futuro:”En Compromiso por Galicia afrontamos esta Convención Nacional como un punto de inflexión definitivo, para ofrecerlle á xente unha ferramenta política integradora, e que dende a sensatez política actúe para resolver os problemas dos galegos e galegas, dende unha óptica de máis autogoberno». 

As opcións están enriba da mesa. E agora son os militantes de Compromiso por Galicia democraticamente, os que teñen a palabra. Sobre as dúas propostas Manoel Vello subliñou:”Estas propostas definen claramente dúas formas de entender a política en Compromiso, sempre dende a óptica do respecto e da liberdade de opinión da afiliación».Na rolda de prensa tamén participou o secretario de comunicación, Orlando Villamayor.

 

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos