7.3 C
Santa Comba
viernes, abril 19, 2024

«A Coruña é a auténtica locomotora do noroeste español»

Valentín González Formoso di que o debate político sobre o papel das deputacións débese admitir “como unha oportunidade, non como unha ameaza». O presidente da Deputación quere activar o motor económico que constitúe a provincia.

O presidente da Deputación provincial da Coruña, Valentín González Formoso defende unha revisión “Valente e seria”da arquitectura administrativa do Estado que mellore a eficiencia da administración e evite a solapación de competencias; considerando que o debate político que existe na actualidade sobre o papel das deputacións debemos plantexalo como unha oportunidade, non como unha ameaza».

Nun almorzo informativo do Nueva Economía Fórum, o presidente da Deputación da Coruña pensa que é “unha asignatura pendente” adoptar medidas para ter unha administración “máis áxil e eficiente”. No caso das institucións provinciais pensa que «conservan anacronismos e inercias do pasado» como «o propio sistema indirecto de elección dos deputados provinciais, amplamente descoñecido e pouco adaptado á realidade social do noso país».

González Formoso manifestou que “a nosa provincia é a auténtica locomotora económica do noroeste español, referencia cultural e educativa» e destacou que a vontade do organismo que preside é precisamente “un novo modelo de xestión” orientado cara a xeración de actividade económica e emprego.

Na súa intervención, Formoso tamén resumiu distintas iniciativas do seu goberno como o Plan de Aforro e Investimentos (PAI), Plan Activamos, ou o P.O.S. e indicou que o goberno provincial aprobou nestes oito meses «preto de 90 millóns de euros a investimentos nos concellos mediante plans con criterios obxectivos», o que considerou «unha cifra récord» para unha administración cun orzamento de 175 millóns. 

Neste sentido, anunciou a posta en marcha nos vindeiros meses de «cinco novos plans destinados ao financiamento de investimentos medioambientais, de protección do patrimonio histórico-artístico dos nosos municipios, de apoio ás entidades sociais da provincia, de axuda ás iniciativas de colaboración intermunicipal (fusións, consorcios e mancomunidades) e de fomento do emprego» que sumarán outros 18 millóns de euros.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos