3024 fans     1097 seguidores     33 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Orange Santa Comba
Comercial Rodriguez

Ana Pontón lidera un tempo de mudanzas no BNG

Ana Pontón lidera un tempo de mudanzas no BNG

Actualidade | Publicada: 28/02/2016

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
14
5
0

Email Google+ Pinterest Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 3 minutos e 44 segundos.

A dirixente da U.P.G.  Ana Pontón Mondelo, foi elixida co apoio do 85% dos votos. Anunciou un “tempo de mudanzas” para “afortalar” o Bloque Nacionalista Galego.

“Adiante co BNG.Viva Galiza ceibe popular”

Ao berro de guerra de “Adiante co BNG.Viva Galiza ceibe popular” rematou a nova voceira nacional do BNG o seu discurso e inaugurou “un novo ciclo e un momento ilusionante”.

Con citas de Antón Villar Ponte, Castelao e Rosalía de Castro e cunha mención a xeito de homenaxe a un dos “tótems” da esquerda nacionalista, Paco Rodríguez, encetou Ana Pontón o seu primeiro discurso como referente desta fronte onde a Unión do Povo Galgo volveu a gañar o pulso as voces discordante, entre elas a de Carlos Aymerich, que fracasou unha vez máis e anunciou que deixaba a militancia na organización.

Ana Pontón insiste na “vocación de apertura”

Ana Pontón avoga por “afortalar o BNG” despois do “contundente revés electoral” e aínda que recoñeceu as dificultade non quixo deixar a ambiciosa aspiración de “ser unha forza maioritaria”. Para acadar ese obxectivo demandou afrontar “un proceso de mudanza” e refundación para ter unha formación “máis áxil e con máis cohesión” e cunha “vocación de apertura” pero cun camiño de principios firmes como a defensa do dereito a autodeterminación ou o propio carácter asembleario do BNG.

Demandou acción nun “país espoliado onde nos roubaron o vento”, e onde se precisa desenvolver “un proceso de rescate das maiorías sociais”. Defendeu o traballo de Xavier Vence, dos deputados autonómicos, de Ana Miranda e dos representantes nos concellos, e lanzou unha indirecta a En Marea, asegurando que nestas datas “Galicia quedou como un cero á esquerda, como un anexo”.

85% de votos a favor e catro enmendas rexeitadas

A candidatura liderada por Ana Pontón atinxiu 1.191 votos, por 170 que logrou a lista encabezada por Carlos Branco Ansoar, 131 en branco e 25 nulos. Un 85% de votos a prol da súa candidatura.Nesta asemblea foron rexeitas catro enmendas presentadas por Carlos Aymerich, Alba Nogueira, Anxo Collarte e conxuntamente polas deputadas autonómicas Carme Adán e Tereixa Paz.

 

@AdianteGalicia

Se queres podes deixar un comentario sobre esta noticia no Facebook:

Pódeche interesar...

Naufragio sin víctimas en Malpica

Naufragio sin víctimas en Malpica

El pesquero “Siempre Urbegi” se hundió  en Malpica esta madrugada pero sus diez tripulantes fueron rescatados con …

Ler máis
Los rituales en San Campio se mantienen todo el año

Los rituales en San Campio se mantienen todo el año

//Los fieles siguen visitando la capilla de “Nosa Señora do Rial”, un entorno de rituales contra el “meigallo” …

Ler máis
La Fiscalía denuncia al alcalde de Ponteceso

La Fiscalía denuncia al alcalde de Ponteceso

//Según el CSIF, La Fiscalía provincial ha denunciado a Lois García por un presuntos delitos de prevaricación, coacc…

Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Merca o teu pobo Santa Comba Nadal 2016
DAC Outono Cultural
Mantido S.L. Construcciones y Obras Públicas
Concello da Laracha
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

Opinión

La AP-9 y el peso político

Nacho Louro

El Ministerio de Fomento ha decidido compartir con la Xunta la gestión de la AP-9 a través de la creación de una comisión bilateral, que empezará…

Nacho Louro
Ler máis

"Gin-goísmo":ou do nacionalismo expansionista e patriotero

Daniel Lago

Aos mais dos que fazerdes fronte a estas verbas, não vai-vos significar nada o termo, muito mais entroncado aos sítios de cultura anglófona, de jin…

Daniel Lago
Ler máis

Os servidores de Putin

Daniel Lago

A última nova do que acontece nesta guerra “híbrida” é o back-up dos telemóveis chineses, de milhares de dados de utentes ocidentais, não é …

Daniel Lago
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información