3013 fans     1094 seguidores     33 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Orange Santa Comba
Formula Hit

Puxéronse de acordo na área metropolitana de Vigo

Puxéronse de acordo na área metropolitana de Vigo

Actualidade | Publicada: 22/02/2016

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
3
0
0

Email Google+ Pinterest Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 4 minutos e 11 segundos.

Acordo histórico na área metropolitana de Vigo.A Xunta de Galicia e os catorce concellos que forman parte da área metropolitana de Vigo acadaron un acordo para a reforma da lei da área metropolitana e a súa inmediata posta en marcha, que inclúe un consenso sobre o transporte metropolitano.

O Vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda afirmou que era un “día histórico” sen “volta atrás”, despois de que os representantes dos catorce concellos implicados asinaran o acordo.Dito acordo establece que, unha vez presentado o texto que recolle a modificación da lei actual iniciarase a súa tramitación, condicionada a aprobación por parte dos plenos municipais e a que o Concello de Vigo se incorpore ao Plan de Transporte Metropolitano de Galicia, “sen que esta incorporación signifique ningún incremento na achega prevista no  mesmo, para a Xunta de Galicia ou para os outros concellos, nin limitación algunha ao número de persoas usuarias”. 

Segundo explicou Alfonso Rueda haberá un comité de coordinación técnico que supervisará todo o proceso. Agora a Xunta de Galicia redactará o texto definitivo para que os concellos o aproben nos plenos, e logo a propia a Xunta o porá en marcha,condicionado a que o Concello de Vigo teña entrado no plan de transporte metropolitano. Posteriormente, xa coa área en funcionamento, serán os propios concellos os que elaboren un novo plan metropolitano de transporte. 

O Texto do acordo

Na Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Vigo, a 22 de febrero de 2016, os representantes da Xunta de Galicia e dos concellos de Vigo, Redondela, Cangas do Morrazo, Moaña, Nigrán, O Porriño, Mos, Gondomar, Baiona, Salvaterra de Miño, Salceda de Caselas, Soutomaior, Pazos de Borbén e Fornelos de Montes manifestan,

Que unha vez presentado o texto que recolle o acordo sobre os termos da modificación do Lei 4/2012 , da área metropolitana de Vigo, iniciarase a súa tramitación que quedará condicionada a:

1.- Presentación e aprobación nos plenos municipais ou órgano municipal competente.

2.- Completo acordo dos 14 concellos sobre a incorporación do Concello de Vigo ao Plan de Transporte Metropolitano de Galicia, sen que esta incorporación signifique ningún incremento na aportación prevista no  mesmo, para a Xunta de Galicia ou para os outros concellos, nin limitación algunha ao número de persoas usuarias.

Unha vez cumprimentadas as citadas condicións iniciarase o procedemento de modificación devandito texto legal para súa aprobación en Consello da Xunta de Galicia, e posterior remisión ao Parlamento de Galicia

Se queres podes deixar un comentario sobre esta noticia no Facebook:

Pódeche interesar...

Santa Comba celebra o X concurso de escaparates no Nadal

Santa Comba celebra o X concurso de escaparates no Nadal

//A asociación de empresarios desenvolve unha campaña de promoción do comercio local co sorteo de 1.000 costavales e …

Ler máis
Irregularidades en la seguridad privada de la mina de Varilongo

Irregularidades en la seguridad privada de la mina de Varilongo

Las denuncias del sindicato USO derivan en sendos expedientes sancionadores  a dos empresas por la seguridad privada en…

Ler máis
AGAFAN pide los ayuntamientos apoyo para las familias numerosas

AGAFAN pide los ayuntamientos apoyo para las familias numerosas

//La asociación está presentando un decálogo de medidas a los ayuntamientos para que no se penalice a las familias nu…

Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Merca o teu pobo Santa Comba Nadal 2016
DAC Outono Cultural
Mantido S.L. Construcciones y Obras Públicas
Concello de Dumbría
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

Opinión

Os servidores de Putin

Daniel Lago

A última nova do que acontece nesta guerra “híbrida” é o back-up dos telemóveis chineses, de milhares de dados de utentes ocidentais, não é …

Daniel Lago
Ler máis

Presupuestos Participativos de la Marea, un “éxito”

Nacho Louro

El invento de los “presupuestos participativos” no es más que un brindis al sol de la nueva política populista para vendernos que frente al sist…

Nacho Louro
Ler máis

Raro o rato chorar a morte do gato

Daniel Lago

Quando em fins dos ´80 do século passado, a URSS colapsou; e com ela todo o bloco do Leste da Europa; esta estava no médio de uma forte tormenta ec…

Daniel Lago
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información