6.7 C
Santa Comba
jueves, marzo 28, 2024

«Xa se falaba de forzas emerxentes nos anos oitenta»

Audio no interior da nova.Manoel Vello Salvado analizou nunha entrevista o momento actual do galeguismo cunha historia con semellanzas.“Non podemos cometer os mesmos erros e aplicar as mesmas terapias”indica. 

Compromiso “naceu para perdurar no tempo”

O secretario de organización de Compromiso por Galicia, Manoel Vello abogou por non repetir os vellos erros do nacionalismo e traballar con “ilusión e tranquilidade” desde un proxecto “sensato e galeguista” como o de Compromiso por Galicia que “naceu para perdurar no tempo e medrar”.

Nunha entrevista para “Conversas Na Encrucillada”, Vello Salvado confirmou que en base ó mandado do Consello Político da organización “estamos falando con outras forzas para unha candidatura galega unitaria”. Senón sae adiante esta proposta “haberá que buscar unha alternativa”, e serán os afiliados os que decidan en abril.

“Baixóns electorais, trifulcas humanas e egos”

O político galeguista analizou diversos intres onde o nacionalismo estivo “na encrucillada” como o congreso do Partido Galeguista nos anos oitenta, ou a situación de Esquerda Galega, Coalición Galega e o propio BNG, onde chegou a militar Vello. Fracasos de proxectos políticos que se viron afectados por “baixóns electorais, trifulcas humanas, colocación de postos e egos”.

Lembrou que o dilema semella repetirse e a “eterna cuestión” radica en valorar “sumarse as forzas maioritarias e emerxentes e galeguizar os partidos que teñen a súa dirección en Madrid”.

 

“Non podemos cometer os mesmos erros e aplicar as mesmas terapias”

Tamén se referiu a figura de Xosé Manuel Beiras “que fai tempo que non ten partido político” e que se centrou “en desenvolver a súa figura personal axudándose en militantes que o apoiaron, primeiro foron os da UPG  e os indepndentes e agora séntase en estruturas pequenas como a F.P.G., ou o Encontro Irmandiño”.

Manoel Vello foi o primeiro convidado no podcast de entrevistas “Conversas na Encrucillada” de Adiante Galicia, e onde Xosé Manuel Lema entrevistará a distintos persoeiros da actualidade de Galicia.

Se queres contactar connosco 

WhatsApp 618417894 – contacto@adiantegalicia.es

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos