20 C
Santa Comba
viernes, abril 19, 2024

Santalices advirte:»Non podemos ter medo a saír a rúa»

Hai algún deputado que lle costa saír a rúa e pedir o voto manifesta o novo presidente do Parlamento de Galicia e dirixente do Partido Popular.

 

Pide que o PP recupere a conexión coa rúa

Miguel Santalices exerce coma deputado desde 1997 e acumula anos de experiencia dentro cámara, e tamén como activo dinamizador do Partido Popular de Ourense.Nunha entrevista na Radio Galega, pediu unha maior conexión do partido coa rúa:”Vexo ó PP nunha situación de renovación e pode ser positivo. Pero temos que ser conscientes dos valores que temos”.

Neste senso lanzou unha mensaxe clara e que se leva tempo escoitando nas bases do partido:”Non podemos ter medo a saír a rúa e pedir o voto. Hai que razonar coa xente”.Comezando polos cargos porque segundo Santalices Vieira “hai algun deputado que lle costa saír a rúa e pedir o voto”.

“Temos que aproveitar o potencial de Feijóo”

Xunto con “recuperar a cercanía e ser valientes a hora de falar coa xente”, o Presidente do Parlamento de Galicia pensa que o ideal sería que Alberto Núñez Feijóo volvera a presentarse:”Gustaríame que repetira Feijóo.Non vexo unha persoa que poida sustituir a Feijóo”. Ten claro que se debe de “aproveitar o potencial de Feijóo”.

“Baltar ten ó PP de Ourense na cabeza”

Miguel Santalices foi preguntado pola situación de Manuel Baltar. Referiuse ao presidente do PP de Ourense como un político con moita capacidade de organización e que “ten a todo o PP de Ourense na cabeza”. No apartado xudicial afirmou que “ese tema está no xulgado que é onde ten que estar, cunha propia recusación que fai o Fiscal”.

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos