O secretario xeral da Unión do Povo Galego, está convencido de que o BNG vai ter capacacidade de reconectar coa sociedade pola forza que ten na súa militancia.
Identificando os erros co ánimo de corrixir
En tempos nos que a Unión do Povo Galego lle choven críticas desde distintas frontes, Néstor Rego reivindica a ideoloxía da organización maioritaria no BNG:”O marxismo como ferramenta de análisis da nosa realidade continúa plenamente en vigor”. Entende que na sociedade actual hai unha radicalización “da dominación e explotación da clase traballadora”.
Nunha entrevista publicada no veterano xornal “A Peneira”, Rego incide na compaxinación da UPG có BNG:”A UPG comparte totalmente os obxectivos do BNG ate o extremo de ter renunciado a actividade pública”.
Entende que o fracaso electoral de Nós-Candidatura Galega aconteceu nun “contexto complexo” que afectou a tódolos nacionalismos do estado. Asegurou que non fuxen da autocrítica e están reflexionando e “estamos identificando os erros co mellor ánimo de corrixir”.
Non ten sentido avanzar cara a soberanía con forzas españolas
O líder da U.P.G. Comenta que “o nacionalismo non ten abertos os platós de La Sexta e o noso principal medio para chegar a xente é a propia militancia”. Pero precisamente esa “militancia implicada socialmente” permite que o BNG “vai a ter capacidade de reconectar coa sociedade e de se superar”.
“Nestes anos o BNG medrou en organización e influencia social” destacou Rego, que tamén nas páxinas do xornal pontevedrés deixou claro a súa visión de que o camiño non está na dirección de En Marea. Opónse a apoiar a partidos estatais:”Non ten sentido querer avanzar cara a soberanía aliándose con forzas que estan en contra da soberanía”.