3013 fans     1094 seguidores     33 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Orange Santa Comba
Formula Hit

Os cerqueiros volveron ó mar pero segue o debate

Os cerqueiros volveron ó mar pero segue o debate

Actualidade | Publicada: 27/01/2016

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
30
16
0

Email Google+ Pinterest Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 3 minutos e 53 segundos.

Mentras os mariñeiros retiraron as tendas de campaña de San Caetano para sair a faenar o debate sobre os modelos de reparto continuou no Parlamento de Galicia, mediante unha moción do BNG.

 

O PP asegura que pretende que "ningún barco quede sen cota"

O portavoz de pesca do Partido Popular, José Manuel Balseiro asegurou que queren “acadar as mellores condicións para a flota de cerco” e que están”moi satisfeitos coa proposta de reasignación de cota feita á proposta do sector” e que ten como obxectivo que “ningún barco galego quede sen cota”.

Balseiro Orol destacou tamén a petición da Xunta para que non “conten as accións de sobrepesca este ano” e que beneficiará especialmente ós barcos de ACERGA, o colectivo que leva meses protestando polo reparto.

O deputado popular acusou a oposición de querer volver “ao modelo anterior sen límites e sen control, que era o modelo socialista que derivou en sancións”. Balseiro volveu a insistir en que “nun reparto lineal Galicia perdería moitísimo”.

Moción do BNG apoiada por PSdeG e AGE

Os populares rexeitaron este martes unha moción do BNG, na que se pedía un novo modelo de reparto con “criterios que beneficien mínimamente ó país”. Para Daniel Rodas “o actual modelo está arruinando ao sector, solo beneficia a unha minoría a quen pescou máis”, e polo tanto había que cambiar as cousas.

“A xestión do PP co cerco é un exemplo de como se traiciona ó país” afirmou Rodas Chapela, que acusou ao populares de “estar ilegalizando o sector”. A deputada do grupo mixto, Consuelo Martínez presentou unha enmenda,demandando un plan integral, pero foi censurada por Rodas que dixo “estar farto de personalismos e narcisismos”.

Juan Fajardo, da Alternativa Galega de Esquerda, denunciou o intento dlo PP de “querer facer un reconversión no mar e que a nosa costa se desertice” e defendeu as reivindicacións da maioría da flota de cerco porque “son de xustiza social”.

José Ramón Val(PSOE) pensa que o actual modelo “e premia a quén non foi responsable e discrimina a flota que incluso foi capaz de reducir a súa actividade”. Pediu que se teñan en conta os “criterios socioeconómicos”.

@AdianteGalicia

Se queres podes deixar un comentario sobre esta noticia no Facebook:

Pódeche interesar...

Santa Comba celebra o X concurso de escaparates no Nadal

Santa Comba celebra o X concurso de escaparates no Nadal

//A asociación de empresarios desenvolve unha campaña de promoción do comercio local co sorteo de 1.000 costavales e …

Ler máis
Irregularidades en la seguridad privada de la mina de Varilongo

Irregularidades en la seguridad privada de la mina de Varilongo

Las denuncias del sindicato USO derivan en sendos expedientes sancionadores  a dos empresas por la seguridad privada en…

Ler máis
AGAFAN pide los ayuntamientos apoyo para las familias numerosas

AGAFAN pide los ayuntamientos apoyo para las familias numerosas

//La asociación está presentando un decálogo de medidas a los ayuntamientos para que no se penalice a las familias nu…

Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Merca o teu pobo Santa Comba Nadal 2016
DAC Outono Cultural
Mantido S.L. Construcciones y Obras Públicas
Concello da Laracha
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

Opinión

Os servidores de Putin

Daniel Lago

A última nova do que acontece nesta guerra “híbrida” é o back-up dos telemóveis chineses, de milhares de dados de utentes ocidentais, não é …

Daniel Lago
Ler máis

Presupuestos Participativos de la Marea, un “éxito”

Nacho Louro

El invento de los “presupuestos participativos” no es más que un brindis al sol de la nueva política populista para vendernos que frente al sist…

Nacho Louro
Ler máis

Raro o rato chorar a morte do gato

Daniel Lago

Quando em fins dos ´80 do século passado, a URSS colapsou; e com ela todo o bloco do Leste da Europa; esta estava no médio de uma forte tormenta ec…

Daniel Lago
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información