6.4 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

Compromiso explorará unha posible confluencia electoral

O Consello Político de Compromiso por Galicia decide explorar unha posible confluencia de forzas galegas cara as eleccións autonómicas, pero será a militancia a que teña a última palabra nunha convención que se celebrará no vindeiro mes de abril.

Nesta ocasión decidimos reproducir íntegramente o comunicado de prensa difundido por Compromiso por Galicia, ainda que seguiremos informando sobre este tema ao longo desta xornada

Avaliación das eleccións xerais e proposta de folla de ruta

Esta mañá, en Compostela, tivo lugar a xuntanza do Consello Político Nacional de Compromiso porGalicia na que entroutos asuntos se debateu sobre a folla de ruta da formación galeguista de cara ás vindeiras eleccións autonómicas.

Logo dun profundo debate, cunha análise previa do resultado electoral das eleccións ás Cortes xerais, a posición maioritaria do máximo órgano de decisión política de Compromiso fora da súa asemblea nacional, foi a de “explorar unha alianza electoral con vocación galega, para a concorrencia ás eleccións galegas de 2016, sen veto á incorporación de calesquera forzas políticas”.

A proposta, defendida por algúns membros do Consello Político, implicará delegar na Comisión Executiva Nacional de Compromiso a apertura de negociacións de cara a fomentar unha candidatura única galega. O Secretario Xeral, Xoán Bascuas, reitera “que a proposta aprobada tan só implica a apertura de conversas e negociacións de cara a construir unha gran candidatura galega, pero enningún caso implica alianzas concretas, pois en Compromiso quen decide cara onde se camiña é a afiliación”. Así Bascuas lembraba unha vez máis o que é “un dos principios inspiradores e inquebrantables da nosa formación, a decisión de toda a afiliación en conxunto na correspondente
convención electoral”.

A convención será no mes de abril e nese momento, Compromiso por Galicia, decidirá finalmente a súa opción de concorrencia ás eleccións galegas deste ano.

Informe de xestión e cuestións internas

O Secretario xeral da formación, Xoán Bascuas, tamén deu conta na xuntanza do informe de xestión da Comisión Executiva Nacional dos últimos meses do 2015. Bascuas incidiu no feito de que “o final do ano 2015 estivo marcado pola campaña electoral e a incidencia de Compromiso foi menor pola ausencia na contenda electoral”, a pesares diso, “organizouse o debate sobre a Constitución, cun amplo éxito e mantivose a actividade política centrada nos concellos con presenza verde, unha presenza que se consolida cada vez máis”.

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos