6.7 C
Santa Comba
jueves, marzo 28, 2024

Bascuas:»Compromiso por Galicia ten un proxecto propio»

Compromiso por Galicia é “unha proposta de longo percorrido”, asegura Xoán Bascuas, que afirma que serán os militantes os que decidan sobre a forma de concorrencia nas eleccións autonómicas.

 

En Compromiso por Galicia decide a militancia

O secretario xeral de Compromiso por Galicia defendeu a vixencia da organización e o seu futuro “porque somos unha proposta de longo percorrido cun proxecto propio” con dificultades para ter “cancha mediática” polas súas características moderadas.

Sobre unha posible confluencia para as vindeiras eleccións autonómicas, Xoán Bascuas asegurou que a última palabra será da militancia e lembrou “o procedemento impecable e sen parangón no país” dunha convención na que se decidiu que para as eleccións xerais “ou íamos todos xuntos ou Compromiso por Galicia non concorrería”.

Este será o modelo que se repetirá para as eleccións autonómicas mentras “outras forzas políticas din ser altamente democráticas e moi horizontais e logo teñen grandes líderes que siñalan os camiños con báculos sagrados” sinalou Bascuas, que puxo outro exemplo da dinámica interna de Compromiso:”Somos tan plurais e democráticos que a afiliación tivo liberdade de voto”.

Eleccións Xerais:“Todo o mundo xogou ó trilerismo político”

Nunha entrevista na Radio Galega, Xoán Bascuas asegurou que fai uns meses desde Compromiso por Galicia loitouse por “unha candidatura unitaria” pero o proceso acabou sendo “un espectáculo lamentable” onde “todo o mundo xogou o trilerismo político escondendo a boliña”.

Ten claro o máximo representante da formación galeguista que “había intereses moi poderosos en ambos os dous polos configuradores desa alternativa que non quería” unha confluencia real.

Bascuas puxo como exemplo da boa xestión que propón Compromiso, os concellos onde goberna, Lalín, Muros e Vilar de Santos con Rafael Cuiña, María Xosé Alfonso e Xan Jardón.Compromiso por Galicia celebra o sábado o seu Consello Político.

@AdianteGalicia

 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos