8.5 C
Santa Comba
viernes, abril 19, 2024

Consuelo Martínez agarda unha alianza nacional galega

Cerna, optimista coa gran alianza nacional galega.Consuelo Martínez agarda que haxa confluencia, e unha lista unitaria na que participe o Bloque Nacionalista Galega, e tamén Cerna.

Martínez pide superar as “feridas de antigo”

A deputada do grupo mixto e militante de Cerna, Consuelo Martínez non percibe outro escenario que non sexa o dunha “gran alianza nacional galega” tamén con partidos de ámbito estatal como Podemos que respecten o “dereito a decidir” e coa participación do BNG:”Espero que o BNG decida unirse”dixo.

Martínez pensa que esa “confluencia” nas pasadas eleccións xerais “non foi posible porque en ambas partes houbo reticencias que veñen dunha historia política” onde sobreviven “feridas de antigo”, pero está convencida de que agora “temos un tempo precioso para avanzar no camiño da confluencia, con calma e con tempo”.

Asamblea nacional de Cerna, o 20 de febreiro

Para a dirixente de Cerna “o país merece tódolos sacrificos para poder confluir por riba de calquera interese partidario”. Nunha entrevista na Radio Galega, avanzou que o vindeiro 20 de febreiro celebrarán unha asamblea da militancia para establecer unha folla de ruta.Consuelo Martínez amósase partidaria de iniciar as conversas entre organizacións “para ter tempo” e definir “unha alianza segura e estable”. A situación de Galicia necesita, segundo a deputada, desa confluencia e “dunha candidatura unitaria”.

Lamentou a dinámica do Parlamento de Galicia “onde se fala cando o Partido Popular quere”.Despois da ruptura co grupo da Alternativa Galega de Esquerda, Cerna conta con dúas representantes, Consuelo Martínez e Mónica Fernández, que tomará posesión a vindeira semana no pleno do parlamento galego.

 

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos