20 C
Santa Comba
viernes, abril 19, 2024

O PSdeG coruñés aproba o seu calendario electoral

O Comité do PSdeG coruñés aprobou o seu calendario electoral, cunhas primarias fixadas para o 30 de novembro. Os militantes votarán de xeito directo nas súas agrupacións. Jano Leis anunciou a intención de presentarse e para Adiante Galicia, Manuel Mirás tamén se presentará.

Calendario electoral no PSOE coruñés

Xa hai data para as primarias no PSOE coruñés. Serán o 30 de novembro. Así se decidiu no comité provincial por 86 votos a favor, seis en contra e seis abstencións. O novo secretario xeral será elixido por voto directo dos militantes.Os candidatos deberán comunicar a súa decisión entre o 27 e o 30 de outubro. O prazo de recollida de avais será entre o 3  e o 17 de novembro. Do 23 ao 29 de novembro, os candidatos poderán explicar o seu proxecto a militancia, e ao día seguinte serán as votacións.

As votacións terán lugar en cada unha das agrupacións locais, excepeto nas que teñan menos de cinco afiliados quese integrarán na agrupación máis próxima. O congreso provincial extraordinario será o 13 de decembro.

Nomeadas as comisións electorais e de garantías

Esta fin de semana tivo lugar a elección da comisión de garantías electorais, e que está formada por  Emilio Vázquez Blanco, Alejandra Pérez Márquez, Julian Reina Villalón, Elena Rodríguez Casanova, Jesús Fernández Díez, Aída Antón Salazar e Gonzalo Diz Álvarez.
Tamén se elexiu unha comisión electoral da que formarán parte:Valentín González Formoso, e integrada por Luís Ángel Lago Lage, Iván Puentes Rivera, José Ramón Rey Couselo, Marisol Soneira Tajes, Bernardo Fernández Piñeiro e Diego Taibo Monelos.

Comenzan os movementos

Despois do comité, o teense Jano Leis anunciou a súa intención de presentarse as primarias, asegurando que “busco abrir un debate en profundidade no partido”. Leis indicou que con esta decisión non persegue “compoñendas”.Adiante Galicia xa avanzou nun Confidencial que un dos aspirantes a relevar a Francisco Caamaño, será o alcalde de Oroso, Manuel Mirás.

Ver o confidencial

https://www.adiantegalicia.es/confidencial/2014/09/21/manuel-miras-y-el-timon-provincial.html 

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos