8.6 C
Santa Comba
viernes, abril 19, 2024

PP e PSOE enfróntanse pola problemática leiteira

Poucos meses para o remate das cotas  e os políticos discuten.O Partido Socialista acusa a Xunta de non arroupar ós produtores de leite mentres desde o PP lamentan a incoherencia do PSOE e defenden o traballo feito pola conselleira Rosa Quintana.

Pablo García:“Non sei para que queremos una conselleira”

O voceiro de agricultura do Partido Socialista, Pablo García, denunciou a inacción da Xunta de Galicia ante “un dos principais problemas da axenda política”, como é a situación dos gandeiros ante unha posible supertaxa e meses antes do remate das cotas.“O sector está preparado pero a administración non fixo os deberes, como se fixeron noutros países” sinalou García, criticando a falta de solución a situación dos contratos, a necesidade de modificación do paquete lácteo ou a falta de “fórmulas para controlar a produción”.

Os socialistas critican que “tiveron catro anos para facer ben as cousas, e tiñan datos de produción” e lamentan que por falta de reacción, o sector viva con dúbidas.”Non se pode entender que ninguén teña que pagar unha multa e non se pode dar lugar a que nos últimos meses das cotas se especule” apuntou García.Desde o PSOE consideran que aínda se poden tomar medidas urxentes, e que Rosa Quintana “debe de liderar o sector, porque senón non necesitamos conselleira”.

Isabel García:” A Xunta defende os intereses dos gandeiros”

Desde o Partido Popular, a voceira na materia lamentou que “a oposición tente sementar dúbidas e enlouzar o sector”, e pensa que “deberíamos remar todos na mesma dirección”.Isabel García Pacín lembrou que desde a Xunta xa se advertiu dun posible sobrepasamento “que pode supor un risco de supertaxa” pero destacou que a consellería do Medio Rural non deixa de traballar para defende-los intereses dos gandeiros.Para García Pacín “os socialistas non son coherentes. Estaban en contra dos contratos obrigatorios. Antes eran moi longos e agora din que son moi curtos”.

A deputada popular valorou que a administración popular “creou ferramentas como as OPL, porque sempre avogamos por unha organización forte” para negociar os prezos, ou tamén a posta en marcha de programas informáticos como a Xacobea ou medidas como o paquete lácteo, que son moi aproveitables para os produtores.

Isabel García salientou que “A Xunta tamén está apoiando economicamente ao sector e quere que haxa unha estabilidade”, e pensa que os produtores galegos “son competitivos, e fixeron un esforzo na mellora xenética e na modernización das súas explotacións”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos